Cursos de galego 2012-2013. Informe en imaxes

Os cursos de galego no Espazo das Linguas Ibéricas en Madrid remataban a pasada semana, finalizaba así o ano académico 2012-2013.
Aos poucos iremos facendo os deberes; escribide e seguiremos a publicar.

Agardemos en outubro estar de novo xuntas e xuntos nas clases, e mentres en Madrid e en Galicia, na arañeira e en galego.
Quero seguir aprendendo con vós.

Máis de 60 persoas achegástesvos este ano ás clases de galego. Hai quen quedou polo camiño, quen se incorporou máis tarde. Moitas e moitos máis participastes nos actos que organizamos ao longo do curso. Graciñas a todas e a todos. Os que estamos, somos. Se alguén quedou fóra, que pete e abriremos.

Para vós o meu informe-resumo-avaliación:

Mil grazas e moitos anos máis con vós.

Carme Lamela Villaravid
Cursos de Lingua e Cultura Galegas
Espazo das Linguas Ibéricas
2012-2013
Madrid

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O Apóstolo» no Espazo das Linguas Ibéricas

 

Máis información neste artigo

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crónica poética da mostra de Virxilio Viéitez

Máis de 300 fotografías de Virxilio Viéitez acompañáronnos durante uns meses en Madrid.

Exposición Virxilio Viéitez en Madrid no Espacio Fundación Telefónica.

Visitamos a mostra co alumnado do Espazo das Linguas Ibéricas.

Velaquí a crónica poética que fixo unha alumna:

VIÉITEZ

As fotos como vísceras secando ao sol
dunha casquería de luxo.
Os soños mortos baixo as pálpebras caídas
das mulleres vellas,
mentres os cardados imposíbeis das aínda tenras
parecen querer fuxir
dun futuro certo.
Os gourmets da cultura chegan buscando antropoloxía,
e sorrín ante a tribo
dende a levidade da pedantería.
Un rapaz mesetario,
o hemisferio dereito afeitado e o xeito alternativo,
pásmase:
- ¿Lo ves, tía? Lo que yo te digo:
¡Los viejos gallegos no tienen vértebras!

Beatriz Doldán Varela
(CELGA 1)

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O Apóstolo» no Espazo das Linguas Ibéricas

 O xoves día 30 de maio rematamos os cursos de galego con:

O Apóstolo, en galego:

 

«O Apóstolo» dirixida por Fernando Cortizo e producida por Artefacto Producciones  é a primeira película de animación stop-motion estereoscópica de Europa. Foi realizada integramente en Galicia.

Recibiu múltiples premios a nivel nacional e internacional. Foi nominada aos Premios Goya como mellor película de animación e acadou 6 premios Mestre Mateo 2013 da Academia Galega Audiovisual, entre eles Mellor Película e Mellor Dirección.

 

_ /A_ _ _ _ _ _ O.

Redonda e infantil,
como a súa letra primeira.
Erro do aforcado,
unha soa,
e dás gañado.
Resonancias de Dublín,
de tabernas e trapalladas.
Pouco que ver
con devocións,
cos anxos do Camiño
ou nas pousadas.
Máis que ver co medo
e a avaricia do irredento.
De Galicia din que vén,
agachada polas salas
dunha arte que ten sete,
escura como as tebras
da ignorancia e a maldade.
Ai, Santiago, non o tes?
Ven o xoves, vena ver!

Beatriz Doldán Varela (Celga1)

 

 

Máis información sobre a película nestas ligazóns:

O Apóstolo. Páxina oficial da película

O Apóstolo en AVG

 

Así a presentaban o seu director e algúns dos actores e actrices:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Contacontos con Pepa Martín Santiago

 

O luns 13 ás 20:00 horas: CONTACONTOS con Pepa Martín Santiago no Espazo das Linguas Ibéricas (Auditorio «Ambrosio Morales»)

Actuación de Pepa Martín na UCM: Queimada de contos…
Foto: Marta González

Chuzame! A Facebook A Twitter