O galego no teu PC e na navegación pola Internet


 

 

 

 

 

 

 

 

Nesta páxina e nas que seguen falaremos do uso da lingua galega nos computadores e na Internet, arredor de tres aspectos principais:
Experiencia de usuario informático en galego.
Se tes o teu computador persoal (PC) co software operativo en castelán pero gustaríache telo en galego, contámosche como o podes cambiar.
Visibilidade dos usuarios galegofalantes no mercado e visibilidade na Internet.
Queres pór o teu granciño de area para que os provedores de servizos de rede e vendedores de computadores nos dean aos usuarios galegofalantes a atención que merecemos, tanto no mercado da informática como na Internet?
Presenza da lingua galega na Internet.
Interésache a presenza do galego na Internet, realidades actuais e posibilidades a desenvolver? Falamos desa presenza e contamos como podes contribuír a alargala.

Velaí o índice de páxinas, son recomendacións ou pílulas de tipo práctico para as leres unha despois doutra ou ires directamente á que che interese:

1. Se vou mercar un PC, por que non en galego?
2. Pór o Google en galego como páxina de inicio
3. Mudar a lingua preferida de navegación pola Internet
4. Usar un navegador integramente en galego
5. Cambiar o idioma de Windows e do MS Office ao galego
6. Software libre e software privativo
7. Instalar Ubuntu, un sistema operativo completo en galego
8. Dominios, códigos de lingua e códigos de estado independente
9. A Galipedia, ou Wikipedia en galego
10. Os blogues
11. As redes sociais

Se o que queres é ler un bo resumo do statu quo sociocultural do galego na Internet, especialmente na Arañeira (a Web), recomendámosche estes artigos do blogue Caderno de Lingua:
O galego na rede, espello da súa situación na sociedade? (I)
O galego na rede: gústanos (II)

5 reflexións sobre “O galego no teu PC e na navegación pola Internet

  1. Pingback: O galego no teu PC e na navegación pola Internet | Galego en Madrid

  2. Son usuario de windows, xa que teño aceso a ese sistema operativo sen ningún custo. É certo que microsoft, ofrece a posibilidade de descargar os paquetes de linguas como o galego, pero co inconveniente de que unha vez instalados quedan anulados os servizos de axuda (no meu caso o sistema operativo e o W7- 64 Bits.).
    Ninguén foi capaz de darme unha solución a este problema.

    • Ola José Luis,

      O primeiro, agradecerche que leses e comentases. Para eu mellor comprender a túa pregunta, gustaríame saber a que te refires exactamente cando dis que “quedan anulados os servicios de axuda”?

      Algunha vez Microsoft negouche una axuda para resolver un problema, polo feito de teres a interface en galego instalada? Ou ben tratábase dun servizo de axuda local en España que só estaba disposto a axudarche se as mensaxes do sistema estaban en español?

      Eu non tiven experiencia con soporte directo da Microsoft, e non sei cal é a súa actitude a respecto do soporte cando tes instalado un paquete de interface de lingua (LIP).
      En teoría, xa que se trata de LIPs desenvolvidos por eles mesmos, a súa instalación non debía anular ningunha garantía ou soporte. E menos aínda se temos en conta que o LIP é un módulo “externo” do software que non afecta ao funcionamento interno do mesmo. O único que fai ese módulo é mudar os textos das mensaxes e menús que se ven na pantalla:
      http://msdn.microsoft.com/en-us/goglobal/bb688177

      Non podo imaxinar que Microsoft lles negue a axuda aos sudafricanos, albaneses, armenios, azerbaixanos…etc. porque o seu windows se obtén instalando un LIP sobre o inglés como lingua base:
      http://windows.microsoft.com/en-US/windows/language-packs#lptabs=win7
      Por tanto tampouco non me parecería normal que o negasen para o windows co LIP galego.

      Por outro lado, un LIP sempre deixa a “lingua base” por debaixo. No caso do galego, decidiron poñelo sobre o español como lingua base e sempre podes desactivar temporalmente o LIP e deixar o sistema como estaba orixinalmente: coa súa lingua base.
      Iso soluciona o caso das pexas que che poidan poñer nos servizos de axuda locais restrinxidos ao español:
      Por exemplo, se tes un computador fornecido por unha organización española co sistema en español e co LIP de galego posto por cima. Cando precises da axuda do dto. de sistemas da organización, unha boa forma de evitares o seu rexeitamento para darche soporte por teres o LIP activado, é desactivalo temporalmente. (Como explico no artigo, conséguese cambiando unha opción no panel de control e reiniciando). Entón solicitas a axuda e cando che resolven o problema volves a activar o LIP.

      Vítor

      • A túa resposta lémbrame que a pregunta non está ben formulada.
        Refírome á Axuda contida no mesmo Windows 7 que se obtén nos seguintes pasos: Inicio e despois “ayuda y soporte técnico” (en galego creo que di Axuda e soporte).

        Pois ben, cando estas en español (castelán), no buscador desa pantalla de axuda, pos a palabra ou frase que queres e a continuación tes varias respostas posibles. En cambio se estás coa versión en galego nesa mesma pantalla non obtes respostas, só que acudas aos foros, axuda en internet….-.
        A esa axuda me refería.

        Do mesmo modo, se, ao instalar o parche en galego, pides que se aplique desde o arranque do computador, as pantallas non son as mesmas (non me refiro ao idioma, se non ao deseño e vistoso de Windows 7.
        José Luís

  3. Pingback: Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego | Galego en Madrid

Os comentarios están pechados.