Cursos de galego en Madrid


Cursos de galego no Espazo das Linguas Ibéricas
Madrid 2012-2013

  • Curso de Lingua e Cultura Galega

Do 4 de outubro de 2012 ao 30 de maio de 2013
Xoves de 19.15 a 21.15
60 horas presenciais.
Curso de seguimento da actualidade galega, historia da lingua e da literatura, e cultura galega.

  • Celga1: (A2)

Do 4 de outubro de 2012 ao 30 de maio de 2013
Xoves de 17.00 a 19.00
60 horas presenciais
Curso básico de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA1

  • Celga2: (B1)

Do 14 de xaneiro ao 15 de maio de 2013
Luns e mércores de 17.00 a 19.00
60 horas presenciais
Curso intermedio de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA2.
Recoméndase ter superado o Celga1 ou pasar unha proba de nivel.

  • Celga3 (B2)

Do 14 de xaneiro ao 15 de maio de 2013
Luns e mércores de 19.15 a 21.15
60 horas presenciais

Curso superior de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA3
Recoméndase ter superado o Celga2 ou pasar unha proba de nivel.

Sede dos cursos:
Espazo das Linguas Ibéricas
Instituto Homeopático y Hospital San José
C/ Eloy Gonzalo 3 y 5, Madrid (Metro Quevedo)

 

MATRÍCULA:

Datas:

do 1 ao 21 de setembro de 2012 (Celga1 e Lingua e Cultura)
do 19 ao 30 de novembro de 2012 (Cursos de 2013: Celga 2 e Celga 3)

Secretaría dos cursos:
Fundación General Universidad de Alcalá. Dpto. de Formación: 91 879 74 30 espaciodelaslenguas@fgua.es
Prezo:25 euros
Créditos: recoñecemento de 6 créditos para o alumnado da UAH

Proba de nivel: 19 de novembro de 17.00 a 21.00

Máis información:

galegoenmadrid@gmail.com
http://www.facebook.com/LinguaCulturaGalega.Madrid

Secretaría Xeral de Política Lingüística-Xunta de Galicia:
Mª Sonia Villanueva Vázquez : 981 545457 sxpl.formacion@xunta.es
Carme Lamela Villaravid (Profesora): mcarme.lamela@uah.es
Fundación General-Universidad de Alcalá
Instituto Cervantes


A Rapa das Bestas en Sabucedo

A Rapa das Bestas é unha festa galega declarada en 2007 de Interese Turístico Internacional. Celébrase a primeira fin de semana do mes de xullo en Sabucedo, concello da Estrada, e a ela asisten moitísimas persoas achegadas de moi diversos lugares, pois esta festa transcendeu máis alá das fronteiras de Galicia e de España. O rito da Rapa das Bestas consiste en marcar e “rapar” as crinas dos cabalos.

Hai outros lugares en Galicia onde se celebran rapa das bestas pero fanas doutro xeito; nesta da que vos falo a diferenza é que para raparen os cabalos non se usa ningún aparello, só é a loita entre a forza do home e a besta, por iso aos participantes chámanselles aloitadores; é unha loita corpo a corpo, nun ritual que se fai dende hai séculos, xa no século XVIII se ten novas de que se rapaban os cabalos, e vai pasando de xeración en xeración. Este rito, ao ser realizado por mozos novos, ás veces, tamén se adoita relacionalo co paso da infancia á puberdade. As mulleres, ata hai pouco, tiñan un papel secundario na rapa, pero hoxe algunhas mozas atrévense a loitar no curro. No ano 1936, por mor da Guerra Civil, foron as mulleres, axudadas polos nenos e os vellos, quen fixeran a rapa.

A Festa dura dende o sábado ao amencer ata o luns á tardiña. Durante este tempo fanse tres rapas, unha o sábado, unha o domingo e outra o luns. Durante o tempo que non ocorren as rapas, hai moitos postos onde comer, beber e gozar dos mellores produtos da terra, (polbo, empanadas, rosquillas, etc.),  da súa música e da súa hospitalidade.

O sábado, a iso das 6:30 h. da mañá, celébrase unha misa para pedirlle a San Lourenzo que non ocorra ningún accidente nin desgraza durante a Rapa; despois os mozos, veciños e demais participantes soben ao monte a buscar os cabalos para levalos ata o curro, que é o recinto onde se procede á rapa. A este movemento chámase a baixa, na que participan os mozos, habitantes da zona e visitantes, xa que esta Festa chega a acadar ata 20.000 visitantes. Os cabalos están no monte soltos todo o ano, e ao curro só se levan os do Santo pois os particulares rápanos nos seus curramentos.

Ao redor da festa, como xa dixen, hai unha serie de actos complementarios como poden ser exposicións de cadros e fotos de festas anteriores, o festival Sons da Rapa, con actuacións de grupos folk na carballeira do Campo do Medio (Linho do Cuco, O tear da Llerena, Le Punk e Viñalar Fantstic Band), distintas actuacións de grupos musicais, etc.

O luns pola mañá, ten lugar a derradeira rapa na que se marcan os cabalos e despois sóltanse de novo ao monte.

Para pasar  toda a fin de semana, hai aloxamentos nas aldeas ou vilas preto de Sabucedo, como poden ser A Estrada, Cerdedo, Forcarei, Soutelo de Montes e algunhas casas rurais tan características do turismo rural galego.

Velaquí a páxina oficial con toda a información http://www.rapadasbestas.es/

Marisa Cosano

Curso Lingua e Cultura, 2011-12