Lembrando “Unha troita de pé” e a Festa fin de curso 2011-2012

Axiña empeza un novo curso.

Rematabamos o pasado coa presentación de “Unha troita de pé” de Silvia Bardelás. Se non lestes o libro, bulide!

Unha troita de pé

 

(…) O argumento trata dun personaxe reconstruíndo a súa vida nunha liña non temporal, senón con esa orde misteriosa coa que a nosa memoria vai gardando, arrombadiñas unhas a carón das outras, as nosas vivencias e lembranzas.
E hai unha voz narradora en terceira persoa completando o entrelazado do acontecer presente e pasado; non soamente do protagonista, tamén da familia, dos amigos, da tradutora, das médicas…

O percorrido comeza de vagar e vai construíndo o edificio a partir das dificultades nas relacións cos pais, cos compañeiros da escola, a adolescencia, as parellas, os fillos, para finalmente acadarmos a comprensión, un como e un onde. Nunha lonxincua cidade nórdica, cun protagonista doente, loitando por comprender a vida, loitando por comprender o incomprensible: a enfermidade. Ler máis

Vítor Garabana

 

Velaquí algunhas fotos da presentación de “Unha troita de pé” de Silvia Bardelás o pasado 30 de maio e da Festa fin de curso: