Santos e defuntos

Chega Santos e defuntos. Este é o noso

MENÚ

 

  • Para comezar:

As curtametraxes

Os difuntos falaban castelao

baseada no conto homónimo

do libro Á lus do candil de Ánxel Fole

 

 

 

e A Estadea de Pablo Cacheda de Paz:

 

  • Para estarmos informados:

Galegos de por vida. Esquelas e lápidas en galego
e
En galego, agora e sempre:

 

  • Para viaxar coa lectura:

A lei das ánimas. A novela da Santa Compaña de Carlos G. Reigosa


  • Para gozar co cine:

Os mortos van á présa comedia dirixida por Ángel de la Cruz

 

Despois de todo isto teredes fame…

 

Se vos queda lonxe, “A mochila do viaxeiro” estivo alí o ano pasado:

Cales son as vosas propostas?

Castelao en Banda deseñada

O pasado martes asistimos en Aturuxo Tenda Galega á presentación da “Colección Castelao”

A vida de Afonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886- Bos Aires, 1950) debuxada por Iván Suárez baixo o guión de Inacio Vilariño.

As primeiras publicacións da colección son O pobre tolo, no que a historia se centra na etapa do desterro de Castelao en Badaxoz, e Titoán -Premio Castelao de Banda Deseñada 2011- baseado no relato “Peito de lobo” que o escritor rianxeiro incluíu na súa obra Retrincos.


Jesús Mª Varela Ogando e Chinto Castro, alumnos de galego, participaron a carón do guionista da obra, Inacio Vilariño.

Soubemos máis de Castelao e de Inacio, os estudantes preguntaron:

Estudante: Canto tempo tardaches en escribir o cómic?
Inacio: Un ano en colaboración co meu irmán.
E: Cantos anos levas escribindo?
I: Uns cinco anos.
E: Só escribes libros para nenos ou tamén libros infantís? [Despois de ver o libro, eu ,Juan Carlos, estaba seguro que o cómic era para adultos e así nolo confirmou Inacio].
E: Podes vivir de escribir contos ou de facer cómics?
I: Non, debo facer outras cousas, tamén son actor. Estiven na Feira Medieval de Corcubión cun grupo de teatro no derradeiro mes de xullo.
E: (Juan Carlos): Alí tamén estaba eu!


Convidáronnos á voda de Castelao en Titoán e Inacio agasallounos cun fermoso cantar de cego.
Velaí unha mostra da tarde con Castelao e Inacio en Madrid:

 

Seguimos sementando

Sementeira

Sementar sementarei,
loguiño de clarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.

Un meniño rebuldeiro
que fale na lingua nai
que suba ós pexegueiros
a froita verde a roubar.

Un vello que dea consellos
un rostro de fume e pan
que conte contos ós nenos
do cuco e do paspallás.

Un cantar de redención,
un vello e novo cantar
que troque a desolación
nun limpo e claro alborear.

Logo, deixáime morrer,
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfamiados.

Fuxan os Ventos, Sementeira (1995)

Comezamos

Novos cursos de galego no Espazo das Linguas


Foto: Estrella López Aguilar

Galego na Escola

Deixaron ó neno deprender a andare,
deixaron que o peixe puidera nadare,
e legalizaron que o trono tronare,
¡e os nenos galegos, galego falare!

Xa pode na fonte a auga nacere,
pode no campeiro a herba medrare,
e legalizaron que as froles frorecen,
¡e os nenos galegos, galego falare!

Deixaron que a lúa na noite brilara,
e legalizaron mareas no mare,
e con un decreto os Ministros mandaron
¡ós nenos galegos, galego falare!

Quedoulles a testa moi ben descansada,
oitocentos anos oíndo unha fala,
ensino en galego prós nenos que o falan,
¡ise é o decreto que facía falla!

Saraibas “Unha terra, un pobo, unha fala” (1980)

Para escoitar a canción preme aquí