“Día das librerías” en Aturuxo

 

No Día das Librerías lembramos a nosa visita a Aturuxo en Madrid:

Diego Castelao, o seu dono, presentou o seu proxecto a Kuentalibros:

Alí recomendamos libros e colaboramos tamén con Kuentalibros.

A Elena  gústalle As médulas de Silvia Bardelás:

Chinto recomenda a Colección Castelao:

Alí lemos e compramos libros, gozamos coa boa acollida de Diego, que nos agasallou cunha peza:

 

O galego no teu PC e na navegación pola Internet




 

 

 

 

 

 

 

  • Gustaríache ter parte dos programas do teu PC (ou todos) en galego?
  • Gustaríache saber cal é a presenza do galego na Internet, e cales son as iniciativas máis novas?
  • Gustaríache poñer o teu granciño de area para que esa presenza sexa maior?
  • E gustaríache navegar pola Web indicando que che gusta o galego e recibindo moitas páxinas en galego á primeira, sen teres sempre que andar a buscar o “botón de cambiar a galego”.

Se respondiches afirmativamente a algunha das preguntas gustarache ler a guía que che recomendamos desde Galego en Madrid, onde che explicamos algúns conceptos e damos unha serie de recomendacións prácticas.

Preme aquí para comezares coa lectura da guía.

 

Clases en Aturuxo Tenda Galega (I)

 

ATURUXO

 Era xoves e as nubes cubrían o ceo. O día perfecto para unha tarde de libros e lembranzas, para, cal follas caídas no medio das fragas, recoller sinxelos aíndas, doentes laios e arte feita de pedra e terra, aquela nosa.
Non faltou moito para que a Rianxeira saída da frauta doce de Diego fose abalada por “Ondiñas que veñen e van…”, a mesa tornada barca e nós, mariñeiros da Lingua.
Fomos xente falando, compartindo, xente galega rompendo a cidade cun Aturuxo.

Beatriz Doldán Varela (Celga 1)
Madrid, 18 de outubro de 2012

 

 

Aturuxo é un lugar curioso: uns poucos metros de Madrid conteñen moitos quilómetros de Galicia. O primeiro que chama a nosa atención é a cantidade de obxectos bonitos que alí hai: olaría de Viveiro e doutras vilas, xoiería de prata e acibeche ou feita coas crinas (da rapa) das bestas, pedras talladas con símbolos celtas coma o tríscele… todo aquilo, segundo di Diego, o seu dono, son cousas con alma. Alma tamén teñen os cadros que están nas paredes: sobre a lousa moura, un artista (Edu Carreira, neste caso) deixou a súa visión do mundo galego. As vellas e os vellos, os peixes, a catedral, as rúas cítanse neste espazo enxebre e moderno á vez.
Pero, se hai moitos, moitos quilómetros de Galicia en Aturuxo é, especialmente, polos libros. Neles podemos atopar a Galicia de antes e a de agora, os personaxes máis variados, as paisaxes máis fermosas, os momentos máis duros da historia deste pobo e a imaxinación dunhas xentes que falan de meigas ou de fadas con naturalidade.
E, por se fose pouco, o visitante ten ademais a posibilidade de escoitar a Diego tocar unha muiñeira na súa frauta! Para coñecer Galicia desde Madrid é unha boa idea pasar por Aturuxo.

Beatriz Arellano (Celga1)

 

 

  ATURUXO  Tenda galega

Aturuxo Tenda Galega é unha tenda pequena pero moi axeitada.

Nela hai unha boa representación da cultura galega. Ten libros desde Rosalía ou Castelao… a autores actuais como  Manuel Rivas, Domingo Villar…
En música, podemos atopar tanto actual como celta.
Tamén ten xoias: pulseiras,aneis, pendentes en prata e acibeche, coiro. Ten pintura e obxectos de decoración en pedra. E cerámica, tanto de decoración como de uso cotián, viradeiras, cuncas, queimadas.
Pero a alma da tenda é Diego, o seu dono, que é o que lle dá a vida que ten, porque non se limita só a vender, explícache todo o que lle preguntes. E nótase que sabe e que lle gusta falar das cousas que ten nela.
Ademais preocúpase de levar á tenda autores para facer presentacións de obras tanto literarias  como musicais. Cousa que lle dá un engadido a favor do seu obxectivo, o coñecemento e difusión da cultura galega.

Pilar Fernández Carballido (Celga1)