a Emigración na literatura, no cine, na vida

NA LITERATURA:

…na escola de Castro de Elviña, un día o mestre preguntounos que qué pensabamos ser de maiores. Non era o seu modelo a pedagoxía de participación, así que ficamos nun silencio cauto e a velas vir. Que intención tiña a interrogante? Por que quería saber o que nós queriamos ser? Que era realmente o que quería oír? E entón, naquel silencio mudo, oíuse dende atrás como un aturuxo festeiro a voz de quen chamabamos o Roxo do Souto, que berrou: “Emigrantes”!

Capítulo II “Sentado na maleta do emigrante” en As voces baixas (Xerais, 2012) de Manuel Rivas.

 

Na nosa literatura hai feixes de mostras. Velaquí algunhas máis:

“Adiós ríos, adiós fontes” (Cantares Gallegos) ou “Pra a Habana!” (Follas novas) de Rosalía de Castro

“O pai de Migueliño” (Cousas) de Castelao

Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas.

No programa “Billete de volta” da CRTVG hai un capítulo adidado ao seu autor, emigrante en Arxentina e Cuba. Preme aquí para velo.

A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos (Xerais, 2007) ou Nunca te vin chorar de Miguel Suárez Abel (Galaxia, 2010), así como a escolma Toda a terra é dos homes: Galegos no mundo de Luís Menéndez (Galaxia 1993).

 

NO CINE E NA TV:

Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, película que vimos o curso pasado. Pica aquí. Do mesmo director é a curtametraxe Mamasunción.

A longametraxe Un franco, 14 pesetas, dirixida por Carlos Iglesias.

Isabel Blanco

 

A emigración en Historias de Galicia, unha serie divulgativa da TVG

 


 

NÓS:

No século XIX e na primeira metade do XX, Galicia foi terra de emigrantes, primeiro a América e despois a Europa, hoxe, por desgraza, seguimos emigrando.


“Emigrar supón irse dunha terra a outra. O que emigra parte cunha equipaxe na que leva as súas esencias e a súa roupa interior. Isto axudaralle a recordar de onde vén. Poñerase traxes da nova terra pero as súas esencias serán sempre as da terra de orixe.
O emigrante leva e tamén deixa. Na súa terra quedan sentimentos e vivencias que o seguirán esperando para que cando volva se sinta de novo na que sempre será a súa casa”.
Teresa Lorenzo (Lingua e Cultura)

 

“[…] cando saes fóra da terra o feito máis doloroso é deixar a familia, pero marchar por este mundo “largo e alleo” é algo enriquecedor, e coido que polo menos aos Galegos fíxolles sacar o mellor que levaban dentro […] Para ler todo o comentario preme aquí

Monsa Gómez-Ogando (Lingua e Cultura)

 

As mulleres do rural galego na emigración

[…] Esta louzariña que xa peitea canas, neta, filla, nai e amante de galegos, que  se desprazou dende o rural galego a Madrid nos anos oitenta do século pasado, en busca de  mellores oportunidades […]  Podes ler todo o artigo se premes aquí” .
Carmen Marcos (Lingua e Cultura)

 

 

Emigrantes 2.0
“Galiza é un país global. Os procesos de migración e espallamento dos galegos e galegas dende finais do século XIX ata hoxe son unha das grandes lacras do noso país. Galiza, polo tanto, precisa de recoñecerse a si mesma tamén na realidade dos que, fóra do país, quixeron manter a lingua galega para a comunicación ou que, por un motivo ou outro, forman parte das comunidades galegas.
Aínda así, os emigrantes 2.0 (que demos en chamar a Nova Diáspora Galega) responden a un novo perfil. Conectados ás redes a tempo completo teñen unha relación máis estreita con Galiza grazas ás tecnoloxías da información e da comunicación. Polo tanto, son unha cidadanía máis informada e, xa que logo, máis critica. E queremos descubrir os seus problemas e a súa realidade, pois forman parte do futuro do país.”
Asociación “Alba de Groria”

 

Cadernos de Comunicación e análise:

“Somos emigrantes, fill@s de emigrantes, net@s de emigrantes, sobriñ@s de emigrantes, prim@s de emigrantes… Representamos a parte máis difícil da realidade histórica galega, mais pensamos que, nestes tempos que corren, todos podemos sumar, todos debemos contribuír ao novo rexurdimento do noso país”.

Historia da lingua galega

 

Para lembrarmos a historia da nosa lingua:

Romance da Historia da Lingua Galega (1988)

Preme nesta ligazón se queres escoitar o texto de Darío Xohán Cabana cantado por A Quenlla.

 

 

Historia da lingua galega. Do latín ao acento de Burgos de Pepe Carreiro (2010)

 

No proxecto Loia do Consello da Cultura Galega podes tamén facer un percorrido pola Historia da lingua galega

 

 

Aprender en igualdade

 

Despois de escoitar no programa da Radio Galega “Convivir en igualdade” a entrevista que Clara de Sáa lles facía a Francisco Castro e a Fina Casalderrey, autores d’ O neno can -obra que acaba de ser incluída na listaxe IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais-, o alumnado debía recomendar o programa por escrito.

Clara de Sáa

Aquí podedes volver escoitar a entrevista: Convivir en igualdade

Era un exercicio na clase: comprensión auditiva (escoitar o programa), produción escrita (recomendarllo a un amigo ou a unha amiga) e produción oral (lernos a mensaxe). Puiden corrixir no momento case todos os textos: perfectos. O de Rebeca non fun quen de revisalo. Ela, Rebeca, está cega. Escoitou a audición, escribiu o texto na súa máquina e isto foi o que nos leu minutos despois:

Recomendación de Rebeca

Valorádesmo vós? [Ollo! Eu non lles dixen a que hora se emitía o programa]