Crónica poética da mostra de Virxilio Viéitez

Máis de 300 fotografías de Virxilio Viéitez acompañáronnos durante uns meses en Madrid.

Exposición Virxilio Viéitez en Madrid no Espacio Fundación Telefónica.

Visitamos a mostra co alumnado do Espazo das Linguas Ibéricas.

Velaquí a crónica poética que fixo unha alumna:

VIÉITEZ

As fotos como vísceras secando ao sol
dunha casquería de luxo.
Os soños mortos baixo as pálpebras caídas
das mulleres vellas,
mentres os cardados imposíbeis das aínda tenras
parecen querer fuxir
dun futuro certo.
Os gourmets da cultura chegan buscando antropoloxía,
e sorrín ante a tribo
dende a levidade da pedantería.
Un rapaz mesetario,
o hemisferio dereito afeitado e o xeito alternativo,
pásmase:
– ¿Lo ves, tía? Lo que yo te digo:
¡Los viejos gallegos no tienen vértebras!

Beatriz Doldán Varela
(CELGA 1)

 

“O Apóstolo” no Espazo das Linguas Ibéricas

 O xoves día 30 de maio rematamos os cursos de galego con:

O Apóstolo, en galego:

 

“O Apóstolo” dirixida por Fernando Cortizo e producida por Artefacto Producciones  é a primeira película de animación stop-motion estereoscópica de Europa. Foi realizada integramente en Galicia.

Recibiu múltiples premios a nivel nacional e internacional. Foi nominada aos Premios Goya como mellor película de animación e acadou 6 premios Mestre Mateo 2013 da Academia Galega Audiovisual, entre eles Mellor Película e Mellor Dirección.

 

_ /A_ _ _ _ _ _ O.

Redonda e infantil,
como a súa letra primeira.
Erro do aforcado,
unha soa,
e dás gañado.
Resonancias de Dublín,
de tabernas e trapalladas.
Pouco que ver
con devocións,
cos anxos do Camiño
ou nas pousadas.
Máis que ver co medo
e a avaricia do irredento.
De Galicia din que vén,
agachada polas salas
dunha arte que ten sete,
escura como as tebras
da ignorancia e a maldade.
Ai, Santiago, non o tes?
Ven o xoves, vena ver!

Beatriz Doldán Varela (Celga1)

 

 

Máis información sobre a película nestas ligazóns:

O Apóstolo. Páxina oficial da película

O Apóstolo en AVG

 

Así a presentaban o seu director e algúns dos actores e actrices:

Letras Galegas 2013 en Madrid. Seminario Interuniversitario

 

Programa completo, lugares, participantes…toda a información no sitio web das LETRAS GALEGAS 2013 en Madrid. Seminario Interuniversitario:

 

Fotos da Terceira xornada das “Letras Galegas 2013 en Madrid. Seminario Interuniversitario”, no Espazo das Linguas Ibéricas.
Roberto Pascual: “Saxo tenor, entre dúas etapas creativas do artista escénico Roberto Vidal Bolaño”.
Marta González Suárez: Obradoiro de Teatro Galego