Chévere con EUROZONE en galego, no Centro Dramático Nacional en Madrid

 

Chévere representa EUROZONE en galego no Centro Dramático Nacional.

Eurozone poderase ver na Sala Francisco Nieva do Teatro Valle Inclán, no barrio madrileño de Lavapiés, entre o 30 de outubro e o 24 de novembro de 2013 de martes a domingo. Os días 9 e 10 de novembro as funcións serán en galego con sobretítulos en castelán.

Eurozone é unha farsa teatral sobre o grande atraco especulativo que chamamos crise feita ao máis puro estilo Tarantino.

Chévere é unha compañía con 25 anos de traxectoria, comandada por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Xron e Manuel Cortés. Neste tempo actuou en centos de vilas e cidades de toda Galicia, España, Portugal e outros países europeos, latinoamericanos e africanos.

 

Conversa con Xacobe Iglesias

 

“Onte estiven na clase de galego e a nosa profesora tiña preparada unha sorpresa. Un descoñecido veu visitarnos e nós tivemos que facerlle unha entrevista. Foi moi divertido, rimos e aprendemos moitísimo…”  María

 

Xacobe Iglesias, cambrés e residente en Alcorcón -Madrid-, conversa co alumnado de galego do Celga1 do Espazo das Linguas Ibéricas.


Clases de galego 2013-2014

Este mes comezaban as clases de galego no Espazo das Linguas Ibéricas, con nova sede na Casa de Galicia en Madrid

A directiva do Centro Galego de Barcelona – Manoel Carrete e Carlos Mandianes-  visitou o mércores pasado a Casa de Galicia e achegouse a saudar o alumnado de galego

Cursos de galego do Espazo das Linguas Ibéricas en Madrid: Inicio

Cursos de galego do Espazo das Linguas Ibéricas en Madrid, 2013-2014

Nova sede: Casa de Galicia en Madrid, na rúa Casado del Alisal, nº 8, Madrid

 

  • Celga1: (A2)

Do 7 de outubro de 2013 ao 26 de maio de 2014. Luns de 17:00 a 19:00. 70 horas (60 presenciais).
Curso básico de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA1

  • Celga2: (B1)

Do 9 de outubro de 2013 ao 28 de maio de 2014.Mércores de 17:00 a 19:00. 70 horas (60 presenciais).
Curso intermedio de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA2

  • Celga4 (C1)

Do 7 de outubro de 2013 ao 26 de maio de 2014. Luns de 19:00 a 21:00. 70 horas (60 presenciais).

Curso superior de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA4.

  • Curso de Lingua e Cultura Galega

Do 9 de outubro de 2013 ao 28 de maio de 2014.Mércores de 19:00 a 21:00. 70 horas (60 presenciais).
Curso de seguimento da actualidade galega, historia da lingua e da literatura, e cultura galega.

CALENDARIO

Celga1 e Celga4

Outubro: 7,14,21,28

Novembro: 4,11,18,25

Decembro: 2, 9, 16

Xaneiro: 13, 20, 27

Febreiro: 3, 10, 17, 24

Marzo: 3, 10, 17, 24, 31

Abril: 7, 21, 28

Maio: 5, 12, 19, 26

 

Celga2 e Lingua e cultura

Outubro: 9, 16, 23, 30

Novembro: 6, 13, 20, 27

Decembro: 4, 11, 18

Xaneiro: 8, 15, 22, 29

Febreiro: 5, 12, 19, 26

Marzo: 5, 12, 26

Abril: 2, 9, 23, 30

Maio: 7, 14, 21, 28

 

Máis información:

Carme Lamela Villaravid (Profesora): galegoenmadrid@gmail.com

Redes sociais:
http://www.facebook.com/LinguaCulturaGalega.Madrid
https://twitter.com/galegomadrid

Secretaría Xeral de Política Lingüística -Xunta de Galicia: 981 545457 sxpl.formacion@xunta.es
Xunta de Galicia: http://www.xunta.es/linguagalega/outros_cursos_fora_de_galicia

Certificados CELGA: http://www.xunta.es/linguagalega/celga

Casa de Galicia en Madrid Teléfono: 91 595 42 29 casa.galicia@xunta.es