Suso Carracedo: O galego na Igrexa

O sacerdote Suso Carracedo falounos do galego na Igrexa

 Suso Carracedo repasou a xente da Igrexa nas nosas Letras. Falounos do Concilio Pastoral de Galicia (1976), onde xa se pedía a participación en lingua galega. Amosounos a Biblia en galego e outras publicacións como as revistas Encrucillada ou Irimia. Dos programas da televisión, como a Santa Misa ou a Sentinela, levounos ao Portal da Igrexa en Galicia. E, para rematar, comentounos a situación do uso do galego na súa parroquia viguesa, o que deu pé ao coloquio.

Velaquí a presentación coa que Suso acompañou a súa charla o pasado 13 de novembro:

 

Francisco Castro e “O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE” en Madrid

O xoves 12 de decembro, ás 18:00 horas, na Casa de Galicia en Madrid (Rúa Casado del Alisal, 8), preséntase O corazón da Branca de Neve, de Francisco Castro, publicada en Galaxia.

Información sobre O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE e Francisco Castro na páxina da Casa de Galicia en Madrid

 

Nota de prensa da Casa de Galicia en Madrid

 

Crític@s de arte

 

Visita á exposición de pintura e escultura Mesturas do colectivo de artistas AGAEC na Casa de Galicia en Madrid

 

DESPRESTIXIO

O paxaro de ferro abriu a súa boca,
retorcida polo lume,
para berrar que o barco se afundira
nas escuras augas da inxustiza.

Voou o seu laio pegañento de medo e brea
ata as húmidas catacumbas
onde, agochados das ruínas do Imperio,
debuxabamos na area
peixes e Nunca Máis.

Beatriz Doldán Varela

 

 

“De Marinero en Burela impresionoume sobre todo a forza da súa ollada, a ollada dun inmigrante empregado na pesca que nos conta a dureza da súa vida só co fulgor dos seus ollos”

Alejandro

 

Música para grandes e pequen@s con Magín Blanco

Magín Blanco convidado por Marta Beceiro e Urbano Penín

Magín Blanco, que está estes días presentando a súa obra en Sueños del Gatipedro en Madrid, achegouse ao Espazo das Linguas Ibéricas para falarnos da música galega.

Magín Blanco e “A nena e o grilo nun barquiño”

As ilustracións do libro A nena e o grilo nun barquiño son de Leandro Lamas.

 

 E si, “Pola rúa de San Pedro”: letra e música, tamén súa.

Lembrade o  vídeo Informe en imaxes