Visita e agasallo de Henrique Alvarellos

Hai uns días Henrique Alvarellos saudaba o alumnado de galego. Falábanos das súas obras e da editorial que dirixe: Alvarellos Editora

Días máis tarde recibiamos un feixe de libros, algúns da propia autoría de Henrique Alvarellos, outros publicados pola súa editorial: Alvarellos Editora.

Moitas grazas,  tamén de parte das alumnas e alumnos de galego!

 

 

“Cando morren os vellos da casa, fillo, cando morren os avós, aos netos -xa o comprenderás- pérdesenos unha especie de conexión única que nos levaba a viaxar a un pasado lonxano, descoñecido para nós. Cando morren os avós conclúe esa camaradaría entre o vello e o novo, sempre contándonos cousas fóra do tempo. É algo distinto a calquera outra relación familiar ou persoal”

Henrique Alvarellos, Diario dun pai acabado de nacer, 2008, pp. 44-45.