Madrid cántalle a Rosalía

O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro.

Onte -convidados por Manuel Pereira, Luz Pichel e Vicente Araguas, que atendían á convocatoria da AELG para homenaxar a Rosalía-  percorremos as rúas madrileñas coa poesía da escritora galega.

Xuntámonos na rúa Ballesta, número 13, ao pé da casa onde Rosalía  viviu entre 1856 e 1858, alí Manuel Pereira Valcárcel, escritor do Grupo Bilbao, leu o manifesto publicado pola AELG con motivo desta data.

E comeza o recital de poemas, desde os máis veteranos, como Sabino Torres

aos máis novos, as alumnas e alumnos de galego do Espazo das Linguas Ibéricas -Julia Badino Baamonde na foto- :

O mestre de cerimonias, Vicente Araguas, escritor e membro tamén do Grupo Bilbao, recitou versos de Rosalía e dirixiunos na “Negra Sombra”, o himno rosaliano en Madrid


Seguimos camiñando ata a igrexa de San Ildefonso, onde Rosalía casou con Manuel Murguía o 10 de outubro de 1858:

E velaquí algúns dos participantes na homenaxe diante da Igrexa de San Ildedonso en Madrid, unha noite fría pero chea de ilusión e esperanza, lembrando sempre a Rosalía:

Segundo aniversario do blogue “Galego en Madrid”

Aos poucos vou medrando,

con palabras, versos, con fotos e vídeos, algún conto, un consello, unha receita, un aviso.

Se queres, podes escribirme, podes premer e lerme e navegar comigo.

Xa cumprín dous anos!

 

Podes visitar tamén os meus parentes nas redes sociais:

Mira o noso valado no Facebook: Lingua e Cultura Galega en Madrid

Chía con nós no Twitter: galegomadrid

Podes mirar e escoitar os vídeos na nosa canle en YouTube: Galego Madrid

e ver as presentacións en Slideshare: galegoenmadrid

Se queres participar, envíanos os teus artigos ou comentarios a: galegoenmadrid@gmail.com

 

Asinado: Galego en Madrid. Blogue de Galego do Espazo das Linguas Ibéricas, isto é, Alumnado de galego e profesora dos cursos, Carme Lamela Villaravid

 

“Privacidade e redes sociais” con Diana Fernández Soutullo

Diana Fernández Soutullo, avogada en TIC Legal / Soutullo & Asociadas falaranos sobre “A privacidade e as redes sociais”

O mércores -cuarta feira- 5 de febreiro, ás 19:30 na aula de Galego no Espazo das Linguas Ibéricas.

Casa de Galicia en Madrid, rúa Casado del Alisal, 8. Madrid
Estades convidados! Mentres se caiba na aula.

 

E velaquí a experta explicándonos como navegar seguros:

Moitas grazas, Diana e volve cando queiras que temos moito que aprender!