Letras Galegas 2014 no Espazo das Linguas Ibéricas – Madrid

O alumnado de galego do Espazo das Linguas Ibéricas estuda a historia do Día das Letras Galegas

e visita a mostra “51 PÁXINAS DAS NOSAS LETRAS” na Casa de Galicia en Madrid.

Esta exposición permanecerá aberta ata finais de maio

 

Na aula aprendemos sobre o homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, Xosé María Díaz Castro, grazas tamén ao “Telexornal Díaz Castro” realizado polo CPI dos Dices de Rois:

 

Escoitamos a voz de Xosé María Díaz Castro:

 

Lemos Nimbos de Xosé María Díaz Castro:

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move  …
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.

 

Herba pequerrechiña
que con medo surrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sin ti,
por que de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sin ti!

 

Vós tamén podedes investigar sobre a súa vida e obra na páxina da Asociación Xermolos

 

Camiñamos Un paso adiante…con Mini e Mero -A Quenlla- , A beleza feriunos para sempre con 2naFronteira , navegamos os mares co Xardín Desordenado,

 

vemos a Lus nos rapaces de Guitiriz:

 

e cantamos con eles:

 

Repasamos…xogando:

 

Escribimos:

A Xosé María Díaz Castro

Se a ves, dille
que non entendemos as despedidas forzosas,
nin o abandono,
nin os camiños cortados.

Se a ves, dille
que andamos ás apalpadas polas calellas escuras,
polas gretas da terra,
que comeron as frangullas os corvos
e xa non nos quedan máis rochas.

Pregúntalle por que,
se nela todo é curvo
e ata a treboada é fermosa,
para sentir Esa Lus
hai que atravesar tantas sombras.

Beatriz Doldán Varela

 

 

A natureza, inspiración da poesía de Díaz Castro, homenaxeado no Día das Letras Galegas

Galicia celebra o seu Día das Letras Galegas o 17 de maio. A iniciativa xurdiu en 1963 —ano no que se cumpriu o centenario da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro— por proposta de varios membros da Real Academia Galega, co obxectivo de conmemorar e promover a lingua e a cultura galegas. […]

Este ano, o autor homenaxeado é o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro, nacido en Guitiriz (Lugo) en 1914 e morto nese mesmo concello en 1990.

Continúa lendo aquí o artigo de Cristina Benito

 

Visitamos a mostra Xosé María Díaz Castro na Casa de Galicia en Madrid:

 

Puxémoslle música ás Letras con Samara Bernárdez -gaita- e Ana Loeda -pandeireta-:

 

O 19 de maio asistimos á presentación e proxección do documental sobre Xosé María Díaz Castro“O instante eterno” de José Antonio Cascudo na Casa de Galicia en Madrid:

 

Seguimos aprendendo: cantando, lendo, mirando…

 

Mai, Nai

Antón Pulido. NAI, 1977.

Óleo sobre cartón, 110 x 110 cm.

Cancións para MAIS E NAIS:

Tombalobos Orquestra no disco “Un mar de cantos” cántalle á nai:

Amor que empeza nun bico,
nun aloumiño,
no aceno,
no abrazo da intimidade
que penetra mil silencios…

Aquí está a canción completa “Amor de nai”

Preme aquí para escoitar Amor de nai.

 

Tamén a Quenlla lle canta á Mai en “30 anos con A Quenlla. De Amor, Dor e Loita” (cd2).

Miña maiciña querida,
…mai, sempre teremos falas,
que mentres os dous falemos
estarás en min gardada,
estarás en min gardada.

Velaquí a canción enteira “Mai”.

 

En Se non podo ir a onde ti estás do disco “Co xenio destrozado” de SÉS, Mª Xosé Silvar cántalle á nai:

“Perdoa non facerche unha rancheira
E cantarche a ti con voz de blues”

Aquí podes ler toda a canción

 

E a nosa Monsa cántanos unha cántiga popular: