Para lembrarvos!

 

Fomos ao teatro cos Chévere, quedamos Asolagados co cine, cantamos con Bal y Gay e cantámoslle a Díaz Castro, escribímoslle a Nigrán, trouxemos as mulleres ao cine e fixemos poesía con elas, con Rosalía percorremos Madrid un ano máis.
Sabemos que podemos rezar en galego –Deus cho pague, Suso-, e tamén viaxar polas redes sen medo grazas a Diana Soutullo, con Vítor recuperamos palabras e con Chinto a ilusión polos Maios. Ale ilustrou para nós. Percorremos a Casa de Galicia con Roberto Castro e Rosa Figueroa. Levaría a pantasma de Chus o libro de Elena?
Beatriz Doldán, Xan, Carmen Marcos, Juan Luis… fannos botar bágoas para quentar o soto.
Marta e Urbano achegáronnos a Magín Blanco. Rafa Carracedo, Paula Ríos, Samuel Diz agasalláronnos os oídos. Con Montse aprendemos do teatro e con Ana Acuña dos madrigalegos.
Cos zoquiños de Elena Ferro corremos cara á sabedoría de Mariví.
Orquídeas? Un caravel –grazas Juan Luis- para o caso, serve o mesmo, xa llo dicía o mestre a Pardal.
O sorriso de Cris, a gaita de Samara, Ana e a pandeireta, o traxe que algún día vestirá Santiago, as dúbidas de Pepa a contacontos, Teresa e a tableta.
Atoparía Francisco Castro o Corazón da Branca de Neve? Nós atopamos o doce na Taberna Inesiña.

Grazas un ano máis!

Carme Lamela Villaravid
Cursos de galego no Espazo das Linguas Ibéricas
Madrid

Intercambio lingüístico cultural Nigrán-Madrid

Este curso fixemos un intercambio lingüístico cultural entre o alumnado de galego da ESA das “Escolas Proval” de Nigrán e nós, o alumnado de galego do Espazo das Linguas Ibéricas de Madrid.

 

Comezamos con cartas manuscritas, seguimos con correos electrónicos, mensaxes…

 

e agora a profesora de Nigrán -Irene Álvarez López- e o seu alumnado agasállanos cun blogue de aula: FALAR GALEGO. Nel comezaron a publicar traballos para amosarnos un pouco a vila de Nigrán e darnos a coñecer a súa vida fóra do instituto: O mundo dos percebeiros, as súas praias…

Tamén falan do noso intercambio no Blogue de Normalización Lingüística do Centro de Nigrán: E.D.L. CHAFARÍS

Nós tamén queremos darlles a coñecer a cidade na que vivimos, polo que creamos unha nova lapela neste blogue: COÑECEMOS MADRID. Nesta nova páxina o noso alumnado fai un percorrido polos museos da capital, os parques, os bares de copas, restaurantes… cóntanos a súa historia. E non só Madrid, tamén arredores!

Se queredes dar unha volta polos sitios madrileños con pegada galega, podedes abrir a lapela VISITAMOS

A Terra. Metro Arganzuela-Planetario

Fotos: Came Lamela

Mirade e lede! E tamén podedes comentar ou pedirnos máis información. E cando veñades, visitaremos a cidade xunt@s!