Angrois

Angrois, Asociación Amigos del Camino de Santiago de la Comunidad Valenciana, Concilyarte, 2014

EN CADA RESPIRACIÓN

Quedáronme mudas as mans
coa dor das apertas que gardei,
quedoume mudo o grito
que quería reter o teu nome
e até o ceo fixo do sol ausencia
nun verán estremecido.

Pasa o tempo.
Atraveso cada día aquel silencio negro
onde te sigo sentindo,
onde te sigo querendo.
É teu o valor que alenta os meus pasos,
túa é a risa que colorea os meus beizos,
que te fuches inesperado
e regresaches eterno.

Xa non me dá medo a noite, amor,
porque cada vez que te respiro
o nunca faise sempre.

Beatriz D. Varela

Asina para a continuidade de Carme Lamela

Se es alumn@ ou ex-alumn@ dos cursos de galego do Espazo das Linguas, ou participante nas innúmeras actividades culturais galegas que a profesora Carme Lamela organiza nesta cidade, de certo quererás asinar a petición para que lle dean nos próximos cursos a continuidade laboral que merece.

Só tes que inserir un comentario abaixo do texto que poderás ler nesta ligazón, indicando o teu nome, DNI e curso/actividade á que asistiches.

Moitas grazas,

Vítor Garabana