SUSPÉNDENSE OS CURSOS DE GALEGO DO ESPAZO DAS LINGUAS IBÉRICAS EN MADRID 2014-2015

SUSPÉNDENSE OS CURSOS DE GALEGO DO ESPAZO DAS LINGUAS-CASA DE GALICIA EN MADRID 2014-2015 ATA NOVO AVISO POR ORDE DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia comunica que non é posible realizar os cursos de galego do Espazo das Linguas Ibéricas-Casa de Galicia en Madrid nas datas previstas, por razóns organizativas e xurídicas.

A Secretaría xeral lamenta as molestias causadas e poñerase en contacto coas persoas matriculadas cando se solucione o problema.

Esta orde comunicóuselle á profesora de galego, Carme Lamela Villaravid, o 27 de novembro de 2014 ás 15:17 horas. Esta profesora lamenta persoalmente as molestias que isto lle causará ao alumnado.

Suspendidos os Cursos de galego en Madrid

Casa de Galicia- Espazo das Linguas Ibéricas
2014-2015

 

 

Sede dos cursos:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8, Madrid
Teléfono: 91 595 42 00
casa.galicia@xunta.es

 

Secretaría Xeral de Política Lingüística: 981 54 54 36  sxpl.secretaria@xunta.es

 

10 reflexións sobre “SUSPÉNDENSE OS CURSOS DE GALEGO DO ESPAZO DAS LINGUAS IBÉRICAS EN MADRID 2014-2015

  1. Pois moi ben. Outra trapallada máis das moitas que fan. Xa dende a anormal orde do concurso xeral de traslados para o corpo de profesores do ensino secundario algúns estamos moi ledos. Aínda teremos moitas máis cousas semellantes que ver.

  2. A veces siento que a los dirigentes de Galicia no les importa Galicia y esto a mi me duele. ?Como teniendo clase de gallego en la capital del país la suspenden? !que vergüenza!.

  3. Nin teño noticia abonda nin sei das causas (¿organizativas, xurídicas? que nos traen a esta situación. Non estou agora en Madrid nin teño acceso a alumnos e á profesora Carme Lamela para mostrar o apoio e iniciar alguna actuación razonable para que o que aparenta tan negativo e desazonador non suceda. Chegar aquí era previsible tras este ano e medio. Decisions políticas e económicas poden estar afogando importantes cousas (e persoas) da lingua, a cultura, o galeguismo creativo e promotor que con poucos medios e grande esforzo se viña facendo en Madrid. Lamentable. Oscuro. Provocativo. Triste.
    Genaro Torrado Castiñeira. Bamiro, A Coruña. 28-11-14.

  4. Pois moi ben…para unha cosa boa que fan…e a quitan. Sintoo moito porque moitos madrileños precisan sacar as titulacións destes cursos. Ademais axudan a moitos galegos a estar en contacto coa súa lingua. Pero o peor é que grandes profesionais da ensinanza quedan sen o traballo co que contaban. Moi mal!!!

  5. Es una pena que, ademas de sufrir los efectos de la corrupción política, tengamos que sufrir las estafas y recortes de quien tiene el poder de hacer estas barbaridades. El derecho a la educación y enseñanza pierde sus valores de frente a los intereses del
    monedero de unos pocos. Nunca podré ver bien los recortes que hacen.

  6. Pingback: O alumnado escribe sobre a suspensión dos cursos de galego na Casa de Galicia en Madrid | Galego en Madrid

  7. Pingback: Presentación de “Galleira Passport” de Luís Menéndez | Galego en Madrid

  8. Pingback: Primeiro día sen aulas de Celga 2015 na Casa de Galicia en Madrid | Galego en Madrid

  9. Pingback: Resposta da SXPL a Prolingua sobre a suspensión dos cursos de galego en Madrid | Galego en Madrid

  10. Pingback: Enfiando palabras | Galego en Madrid

Os comentarios están pechados.