Prolingua non esquece Galego en Madrid

ProLingua -Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega- non esquece Galego en Madrid, e publica na sección Voces a carta que lle envía a alumna Beatriz Doldán.

“Detrás destas mensaxes erráticas hai máis de noventa persoas matriculadas pero sen clases. Persoas que se achegan ao estudo da lingua galega dende diferentes intereses e motivacións, pero todas elas cun proxecto vital interrompido. Actualmente, movémonos entre a perplexidade e o desalento, entre a incerteza e a carraxe. Incrédulos ante unha política lingüística que nos converte en monicreques […] En Madrid agarda unha aula, alumnado e unha mestra apaixonada polo seu traballo pero falta, de momento, o apoio institucional necesario para poñernos outra vez en marcha.
Na nosa peregrinaxe de retorno á casa resultou que alguén borrou as frechas amarelas e non sabemos se dar a media volta e esquecer Santiago ou seguir alimentando a fe”.

Logo Plataforma ProlinguaPreme nesta ligazón para ler o texto completo: Unha cuestión de respecto.

 

Unha reflexión sobre “Prolingua non esquece Galego en Madrid

  1. Eu son un dos galegos na diáspora. Vivo en Madrid e sinto o abandono dos gobernantes da miña comunidade. A mágoa pode máis que o ánimo.

Os comentarios están pechados.