Arraianos: o filme en Madrid

Arraianos

 
Podemos ver o filme Arraianos, de Eloy Enciso en Madrid. Os pases son en versión orixinal galega, subtitulada en castelán, nos cines Renoir Princesa. Até o 26 de setembro.

Vén co aval de diversos premios, como o Novas Ondas do Festival de Cine Europeo de Sevilla, o Vangarda e Xénero do BAFICI de Bos Aires, ou Película do ano para a crítica galega.

Non todos os días se estrea cinema galego en Madrid!

Horarios e información.

“O Apóstolo” no Espazo das Linguas Ibéricas

 O xoves día 30 de maio rematamos os cursos de galego con:

O Apóstolo, en galego:

 

“O Apóstolo” dirixida por Fernando Cortizo e producida por Artefacto Producciones  é a primeira película de animación stop-motion estereoscópica de Europa. Foi realizada integramente en Galicia.

Recibiu múltiples premios a nivel nacional e internacional. Foi nominada aos Premios Goya como mellor película de animación e acadou 6 premios Mestre Mateo 2013 da Academia Galega Audiovisual, entre eles Mellor Película e Mellor Dirección.

 

_ /A_ _ _ _ _ _ O.

Redonda e infantil,
como a súa letra primeira.
Erro do aforcado,
unha soa,
e dás gañado.
Resonancias de Dublín,
de tabernas e trapalladas.
Pouco que ver
con devocións,
cos anxos do Camiño
ou nas pousadas.
Máis que ver co medo
e a avaricia do irredento.
De Galicia din que vén,
agachada polas salas
dunha arte que ten sete,
escura como as tebras
da ignorancia e a maldade.
Ai, Santiago, non o tes?
Ven o xoves, vena ver!

Beatriz Doldán Varela (Celga1)

 

 

Máis información sobre a película nestas ligazóns:

O Apóstolo. Páxina oficial da película

O Apóstolo en AVG

 

Así a presentaban o seu director e algúns dos actores e actrices:

Adeus, ATURUXO!

 

Vaite febreiriño curto,
cos teus días vinteoito,
que se tiveras máis catro
non quedaba can nin gato.

 

 

Hai 14 meses uns ilusionados María Carreira e Diego Castelao abríannos as portas de Aturuxo Tenda Galega en Madrid. Alí  Edu Carreira amosounos a súa arte, alí cantamos con Uxía, Serxio Tannus e Carlos Blanco, alí coñecemos a Xoán Curiel, alí soou o violín de Manu Clavijo homenaxenando a Lois Pereiro, alí as sachas vibraron con Maghúa, alí presentaron os seus libros Xavier Frías, Francisco Castro, e os membros do Grupo Bilbao, alí Inacio presentounos a Castelao.

Alí os nosos alumnos e alumnas achegáronse á cultura galega en Madrid, así describía Rebeca Aturuxo, a nosa alumna cega. Alí gravamos recomendacións lectoras para o proxecto Kuentalibros, alí Elena Gallego creou a cadea Salvemos Aturuxo.

Non lle deu tempo a Luz Pichel nin a Samuel Diz, nin a Manuel Pereira de presentar novas obras.

A crise?

A cultura non se vende nin se compra!

Alí emocinábannos Diego e Ricardo Pichel interpretando esta peza celta:

.

Alí podías atopar discos, libros, artesanía galega e moito agarimo.

Velaquí unha pequena mostra fotográfica de Aturuxo Tenda Galega.

 

Bo Camiño, Diego!

 

 

 

Diego Castelao. Foto: Ricardo Pichel