Sobre “tra(n)shumancias” de Luz Pichel

Como unha xograr que reparte patatitas e fai soar a súa frauta de madeira de piñeiro, que non remata en tarima flotante.
Como unha transhumante que non quere ser ovella, polo menos non branca, porque lle gusta demasiado bailar.
Como unha muller que abre armarios onde atesoura voces e jirones de lengua en trapos de cores.
Chegou a poeta a Madrid baixo un arco de abanos.
Nomeou Barquisimeto e deu comenzo unha travesía colectiva de verso libre. Vacas sen nome e cabalos que agardan ser resucitados saíron ao paso.

Patatitas.Trans(h)umancias

Poemas para dar, ela, para recibir, nós, e saborosas fajitas envolvendo carne de ghaliña.
Luz Pichel no centro dun Madrid vello, “Enclave de libros” porto de amarre e xente errante despedindo navío e corpo transparente.
Os pés espidos danzan sobre o cemento e as nubes levan hipopótamos ao lombo partidos coa risa.

Grazas, Luz.

 

Presentación de Tra(n)shumancias, Ediciones La Palma, en Enclave de Libros. Mércores 24 de xuño, Madrid.

Beatriz Doldán

Maio longo

Un maio que comeza coa estrea d’ A Esmorga de Ignacio Vilar en Madrid, cine galego, en galego, cine universal, ao que lle desexamos moito éxito.
Un maio que nos trae o humor galego, en galego, con Alberte Montes, quen de Anguieiros a Cataluña, se achegou a Madrid; viría roendo nos caramelos da Pilarica!
Un maio filosófico, das Pontes co diaño de Ignacio Castro, o 25 no Círculo de Bellas Artes.
Un maio con libros, libros galegos e casteláns na Feria del Libro de Madrid. Alí estarán María Solar, polo seu Lazarillo, moitos parabéns!; Elena Gallego Abad e o seu dragón galego, Dragal, xa vai co IV!; e sabe Deus cantos máis galegos se achegarán á Feria del Libro. Traede paraugas, xa sabedes que sempre chove!

Verza galega no Botánico

Verza galega no Botánico

 

E maio é Comunidade, San Isidro, Festa de Móstoles, Marisco de Alcobendas, de Tres Cantos…

E maio é o mes das flores, aí está o Botánico Real coa súa verza galega.

E tamén o Matadero coa Feira Botánica.

 

E maio é o mes das Letras, non nos esquezamos. No Ateneo celébranas o 14, á EOI tócalle o 20, no Centro de Estudos Galegos da UCM xa as festexaron. Na Casa de Galicia unha mostra do homenaxeado este ano, Xosé Filgueira Valverde, preside a entrada.

E nós? Irémonos felicitando, un 17, un 29, un maio longo, un maio máis.

Roseira20150514_110246

Roseira madrileña

Maio longo…, maio longo,
todo cuberto de rosas:
para algús telas de morte;
para outros, telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.

Rosalía de Castro, Follas Novas (Vigo: Galaxia)

A señora Carmen –Malvela– cantaba así o “Maio longo” no programa Alalá da TVG:

“A Esmorga” de Ignacio Vilar, en Madrid

A Esmorga, película dirixida por Ignacio Vilar e baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, chega tamén ás salas madrileñas. A partir do 8 de maio podémola ver nos Cines Renoir-Princesa (VOSE), Cines Paz, Odeón Multicines de Tres Cantos (VOSE) e  en Xanadú.

O 30 de abril preestrea e coloquio co director e actores nos Cines Renoir-Princesa.

Imaxe: Vía Láctea Filmes, S.L.

24 horas na vida de tres homes: Cibrán, Bocas e Milhomes, compañeiros de esmorga entre chuvia e xeada, na Auria natal de Blanco Amor…
Aínda non liches a novela? Bule!

PELICULA " A ESMORGA " RODAXE EN OURENSE MORRIS MIGUEL DE LIRA KARRA ELEJALDE

Imaxe: Vía Láctea Filmes, S.L.

Preme aquí se queres ver o Trailer con subtítulos en castelán

Imaxe: Vía Láctea Filmes, S.L.

 

 

  •  Máis de 50.000 espectadores só en Galicia
  • 15 semanas na carteleira
  • 1º filme rodado en galego que acada ser finalista de un Premio Goya
  • 6 Premios Mestre Mateo 2015

 

 

 

Tes toda a información sobre este filme coproducido por Via Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG na  Web d’ A Esmorga.

Esta é quinta longametraxe de Ignacio Vilar. Se che gustaron Pradolongo e Vilamor, non perdas A Esmorga.

 

“Rústica”: Música galega en Madrid

“Rústica” -o novo proxecto de Cristina Pato, con Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña– chega a Madrid.

Gaita, acordeón, zanfona, pandeiros, voz…

Imaxe| Sitio oficial de Cristina Pato http://www.cristinapato.com/gl/

Mañá, 9 de abril, ás 21:00 h. na Sala Galileo Galilei

Aínda non tes a entrada? Preme aquí!