Somos

Somos o Blogue de Lingua e cultura galegas en Madrid, dedícamonos á promoción e difusión da lingua e cultura galegas en Madrid.

Se queres participar, envíanos os teus artigos ou comentarios a: galegoenmadrid@gmail.com

Os administradores do blogue somos Vítor Garabana e Carme Lamela.
O creador do logo e da foto do cabezallo foi Ánxel Suárez.

Da cartografía encargáronse María González e Vítor Garabana.

Empezamos a editar o blogue no curso 2011-2012 entre as alumnas e os alumnos e Carme Lamela Villaravid, a profesora de galego do Espazo das Linguas Ibéricas

Desde o 2011 ao 2014 o blogue foi ferramenta dos cursos de Lingua e cultura galegas do Espazo das Linguas Ibéricas. As clases suspendéronse no 2014.

No Espazo das Linguas Ibéricas impártíronse cursos de lingua e cultura galegas, grazas a un convenio entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística  da Xunta de Galicia e o Instituto Cervantes.

A sede dos cursos no 2013-2014 estivo na Casa de Galicia en Madrid, na rúa Casado del Alisal, nº 8


 

SUSPÉNDENSE OS CURSOS DE GALEGO DO ESPAZO DAS LINGUAS-CASA DE GALICIA EN MADRID 2014-2015 ATA NOVO AVISO POR ORDE DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia comunica que non é posible realizar os cursos de galego do Espazo das Linguas Ibéricas-Casa de Galicia en Madrid nas datas previstas, por razóns organizativas e xurídicas.

A Secretaría xeral lamenta as molestias causadas e poñerase en contacto coas persoas matriculadas cando se solucione o problema.

Esta orde comunicóuselle á profesora de galego, Carme Lamela Villaravid, o 27 de novembro de 2014 ás 15:17 horas. Esta profesora lamenta persoalmente as molestias que isto lle causará ao alumnado.

 Cursos de galego en Madrid

Casa de Galicia- Espazo das Linguas Ibéricas
2014-2015

Curso de Lingua e Cultura Galegas

De xaneiro a maio de 2015. Xoves de 19:00 a 21:00.
60 horas presenciais.
Curso de seguimento da actualidade galega, historia da lingua e da literatura, e cultura galega. Recoméndase ter coñecementos básicos de lingua galega

Celga1: (A2)

De xaneiro a maio de 2015.Martes de 17:00 a 19:00.
60 horas presenciais.
Curso básico de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA1

Celga2: (B1)

De xaneiro a maio de 2015. Xoves de 17:00 a 19:00.
60 horas presenciais.
Curso intermedio de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA2. Recoméndase ter superado o Celga1 ou pasar unha proba de nivel.

Celga4 (C1) [Completo. Lista de espera]

De xaneiro a maio de 2015. Martes de 19:00 a 21:00.
60 horas presenciais.
Curso superior de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA4. Recoméndase ter superado o Celga3 ou pasar unha proba de nivel.

Matrícula:

Enviar Solicitude de inscrición a galegoenmadrid@gmail.com
O impreso de matrícula pódese solicitar e entregar tamén na sede dos cursos, antes de finais de novembro.
Os cursos son gratuítos.

Probas de nivel: 5 e 12 de novembro de 18:00 a 20:00 h. na Casa de Galicia  previa cita en: galegoenmadrid@gmail.com

Sede dos cursos:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8, Madrid
Teléfono: 91 595 42 00
casa.galicia@xunta.es

Máis información:
Carme Lamela Villaravid (Profesora): galegoenmadrid@gmail.com

 


Cursos de galego no Espazo das Linguas Ibéricas
2013-2014

  • Curso de Lingua e Cultura Galega

Do 9 de outubro de 2013 ao 28 de maio de 2014. Mércores de 19:00 a 21:00.  70 horas (60 presenciais).
Curso de seguimento da actualidade galega, historia da lingua e da literatura, e cultura galega. Recoméndase ter coñecementos básicos de lingua galega.

  •  Celga1: (A2) 

Do 7 de outubro de 2013 ao 26 de maio de 2014. Luns de 17:00 a 19:00. 70 horas (60 presenciais).
Curso básico de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA1

  • Celga2: (B1)

Do 9 de outubro de 2013 ao 28 de maio de 2014. Mércores de 17:00 a 19:00. 70 horas (60 presenciais).
Curso intermedio de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA2 Recoméndase ter superado o Celga1 ou pasar unha proba de nivel.

  • Celga4 (C1) 

Do 7 de outubro de 2013 ao 26 de maio de 2014. Luns de 19:00 a 21:00. 70 horas (60  presenciais).

Curso superior de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA4. Recoméndase ter superado o Celga3 ou pasar unha proba de nivel.

CALENDARIO

Celga1 e Celga4

Outubro: 7,14,21,28

Novembro: 4,11,18,25

Decembro: 2, 9, 16

Xaneiro: 13, 20, 27

Febreiro: 3, 10, 17, 24

Marzo: 3, 10, 17, 24, 31

Abril: 7, 21, 28

Maio: 5, 12, 19, 26

 

Celga2 e Lingua e cultura

 

Outubro: 9, 16, 23, 30

Novembro: 6, 13, 20, 27

Decembro: 4, 11, 18

Xaneiro: 8, 15, 22, 29

Febreiro: 5, 12, 19, 26

Marzo: 5, 12, 26

Abril: 2, 9, 23, 30

Maio: 7, 14, 21, 28

 


Matrícula cursos de galego 2013-2014:

Do 2 ao 20 de setembro

Enviar Solicitude de inscrición a galegoenmadrid@gmail.com

Probas de nivel na Casa de Galicia

previa cita en: galegoenmadrid@gmail.com

Datas para realizar a proba de nivel:

11 de setembro de 17:00 a 19:00
16 de setembro de 10:00 a 12:00

 


Do ano 2010 ao 2013 a sede estivo no Instituto Homeopático y Hospital San José 

Foto: Samuel Diz

na rúa Eloy Gonzalo nº 3:

Ver Espazo das Linguas Ibéricas nun mapa maior.


Cursos de galego no Espazo das Linguas Ibéricas
Madrid 2012-2013

  • Curso de Lingua e Cultura Galega

Do 4 de outubro de 2012 ao 30 de maio de 2013.
Xoves de 19.15 a 21.15
60 horas presenciais.
Curso de seguimento da actualidade galega, historia da lingua e da literatura, e cultura galega.

  •  Celga1: (A2)

Do 4 de outubro de 2012 ao 30 de maio de 2013
Xoves de 17.00 a 19.00
60 horas presenciais
Curso básico de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA1

  • Celga2: (B1)

Do 9 de xaneiro ao 17 de maio de 2013
Luns e mércores de 17.00 a 19.00
60 horas presenciais
Curso intermedio de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA2.
Recoméndase ter superado o Celga1 ou pasar unha proba de nivel.

  • Celga3 (B2) 

Do 9 de xaneiro ao 17 de maio de 2013
Luns e mércores de 19.15 a 21.15
60 horas presenciais

Curso intermedio de lingua galega, preparatorio para presentarse á proba CELGA3
Recoméndase ter superado o Celga2 ou pasar unha proba de nivel.

CALENDARIO

CELGA1 e LINGUA E CULTURA
Outubro: 4, 11, 18, 25
Novembro: 8, 15, 22, 29
Decembro: 3 (luns), 13, 20
Xaneiro: 10, 17, 24, 31
Febreiro: 7, 14, 21, 28
Marzo: 7, 14, 21
Abril: 4, 11, 18, 25
Maio: 9, 16, 23, 30

 

CELGA2  e CELGA3:
Xaneiro: 9, 14, 16, 21, 23, 30
Febreiro: 4, 6, 13, 18, 20, 25, 27
Marzo: 4, 6, 11, 13, 20
Abril: 3, 8, 10, 15, 17, 22, 24, 29
Maio: 6, 8, 13, 17 (venres)
Titorías:
20, 22, 27 e 29 de maio de 17.00 a 21.30
Días de clases:
de 19.00 a 19.15
de 21.15 a 21.30

 

Sede dos cursos:
Espazo das Linguas Ibéricas
Universidad de Alcalá de Henares
Instituto Homeopático y Hospital San José
Aula “Francisco Vallés”
C/ Eloy Gonzalo 3 – 5, Madrid (Metro Quevedo)

 


MATRÍCULA:

Datas:

do 1  ao 21 de setembro de 2012 (Celga1 e Lingua e Cultura)
do 19 ao 30 de novembro de 2012 (Celga 2 e Celga 3)

Boletín de inscrición

Proba de nivel (previa cita): 19, 21 e 27 de novembro de 17.00 a 21.00

Prezo:25 euros
Créditos:  recoñecemento de 6 créditos para o alumnado da UAH

 

Secretaría dos cursos:
Fundación General Universidad de Alcalá. Dpto. de Formación: 91 879 74 30  espaciodelaslenguas@fgua.es

 

Máis información:

galegoenmadrid@gmail.com
http://www.facebook.com/LinguaCulturaGalega.Madrid

Secretaría Xeral de Política Lingüística-Xunta de Galicia:
Mª Sonia Villanueva Vázquez : 981 545457 sxpl.formacion@xunta.es
Carme Lamela Villaravid (Profesora): mcarme.lamela@uah.es
Fundación General-Universidad de Alcalá
Instituto Cervantes

 

Convocatoria das probas Celga para o ano 2013:
Solicitude de inscrición nas probas Celga 2013
Pagamento telemático das taxas a través da oficina virtual
Impreso de taxas para inscribirse nas probas Celga
Códigos para cubrir o impreso de taxas
Prazo: ata o 3 de abril de 2013

 


Publicados os resultados definitivos da Probas Celga realizadas en xuño de 2012

Listaxe definitiva Madrid Probas Celga1

Listaxe definitiva Madrid Probas Celga2

Listaxe definitiva Madrid Probas Celga3

Listaxe definitiva Madrid Probas Celga4

 


Publicados os resultados provisionais das Probas Celga1, Celga2, Celga3 e Celga4 de Madrid de xuño de 2012

Celga1

Celga 2

Celga 3

Celga 4


CURSOS DE GALEGO 2011-2012

Curso de Galego: Lingua e Cultura Galega
5 de outubro de 2011 a 30 de maio de 2012. Mércores de 19.15 a 21.15
Curso de seguimento da actualidade galega, historia da lingua e da literatura, e cultura galega. Non preparatorio para CELGA

 

Curso de Galego: Celga1: (A2)
5 de outubro de 2011 a 30 de maio de 2012. Mércores de 17.00 a 19.00
Curso básico de lingua galega, preparatorio para CELGA1

 

Curso de Galego: Celga2: (B1)
16 de xaneiro a 21 de maio de 2012. Luns e xoves de 17.00 a 19.00
Curso intermedio de lingua galega, preparatorio para CELGA2
Recoméndase ter o Celga1 ou proba de nivel.

 

Curso de Galego: Celga4: (C1)
16 de xaneiro a 21 de maio de 2012. Luns e xoves de 19.15 a 21.15
Curso superior de lingua galega, preparatorio para CELGA4
Recoméndase ter o Celga3 ou proba de nivel.

 

CALENDARIO

CELGA1 e LINGUA E CULTURA
Outubro: 5, 13 (xoves), 19, 26
Novembro: 2, 16, 23, 30
Decembro:  7, 14, 21
Xaneiro: 11, 18, 25
Febreiro: 1, 8, 15, 22, 29
Marzo: 7, 14, 21, 28
Abril: 11, 18, 25
Maio: 9, 16, 23, 30

 

CELGA2  e CELGA4:
Xaneiro: 16, 19, 23, 26, 30
Febreiro: 2, 6, 9, 13, 16, 20, 23, 27
Marzo: 1, 5, 8, 12, 15, 22, 26, 29
Abril: 12, 16, 19, 23, 26
Maio: 3, 10, 14, 21

 

Titorías:
24, 28 e 31 de maio de 17.00 a 21.30
Días de clases:
de 19.00 a 19.15
de 21.15 a 21.30

 

Sede dos cursos:Espazo das Linguas Ibéricas. Instituto Homeopático y Hospital San José.  C/ Eloy Gonzalo 3 y 5, Madrid (Metro Quevedo)

 


CONVOCATORIA PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS
ACREDITATIVOS DO NIVEL DE LINGUA GALEGA- CELGA

Convocatoria das probas Celga 2012

Data e hora de realización das probas Celga, convocatoria xuño 2012

Datas de realización das probas:

Celga 4: 2 de xuño de 2012.
Celga 2: 3 de xuño de 2012.
Celga 3: 9 de xuño de 2012.
Celga 1: 10 de xuño de 2012.

Lugar: CASA DE GALICIA
c/Casado del Alisal, 8
28014 Madrid

Notas:
Os chamamentos realizarase ás 8:45. Ás 9:00  iniciaranse as probas.
Os candidatos e candidatas presentaranse provistos de DNI e bolígrafo azul.
Os chamamentos para as probas orais realizaranse por orde de apelidos do A ao Z

Listaxes definitivas de persoas admitidas:

Listaxe definitiva de persoas admitidas para participar nas probas Celga 4 en Madrid

Listaxe definitiva de persoas admitidas para participar nas probas Celga 2 en Madrid

Listaxe definitiva de persoas admitidas para participar nas probas Celga 3 en Madrid

Listaxe definitiva de persoas admitidas para participar nas probas Celga 1 en Madrid

4 reflexións sobre “Somos

  1. Son Ana Ramos do curso de Celga2. Gustaríame saber a que hora é o exame do Celga2 o día 3 de Xuño, e cal é o lugar de exame.
    Grazas.

    • Ana: Na convocatoria di que “Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes definitivas de admitidos e admitidas para cada convocatoria”. O ano pasado en Madrid celebráronse na Casa de Galicia, e todas as probas escritas comezaron ás 9:00.

  2. Faime un favorciño: Adícalle cando teñas tempo unha ollada con todo o teu agarimo a este blogaliza do que che mando o enlace. Debes ter unha pequena idea da loita que arrostran con máis ilusión que medios un grupiño de casteláns e galegos pola lingua, a cultura e mais o bo comer. Normal vexo eu que no grupo cativo haxa galegos, pero o extraordinario é que haxa casteláns de Madrid, de Valdepeñas, de Alcalá de Henares ou aínda algunha doce cordobesa, tan romana coma moura, con denominación de orixe poética Marisa, (se o seu Xosé Luis me perdoa o piropo). Carme Lamela dirixe a orquestra e o software no Instituto Homeopático, (Eloy Gonzalo 3). Vítor fai o hardware e de enxeñeiro de sistemas informáticos para que as comunicacións circulen polos buratiños do aire. Xacinto e Xesús fan de catedráticos eméritos. Sam, noutrora meu alumno, despois compañeiro no quefacer poético e sempre amigo, ten a fermosa teima de chegar ás musas diante de min. [Sam = Sebastián Alía Moral]. Eu son un visitante invitado que chegará un día a ser sabio, (polo menos por vello, non sei se por diantre). ATURUXO, (pincha Aturuxo en Madrid), a CASA DE GALICIA, (pincha Casa de Galicia en Madrid), O GRUPO BILBAO, (pincha así mesmo), … dannos asuntos substanciosos, espazo e ocasión de citas a cegas e de regalar os oídos, os ollos e o ceo da boca.
    O blogue abre coa Porta de Alcalá cun mar que… ¡Madrid quixera, meu galano! ¡¡É o cántabro mar por cortesía dun mozo desa terra e dese mar que lle está facendo unha digna acollida ao galego!!
    Os apartados vanche dando liñas de avance e coñecemento de algo do que Galicia é en Madrid: SOMOS. FACEMOS: Aí tes Santa Eulalia de Bóveda, (!), Aturuxo cos dous motores postos, María Carreira e Diego Castelao. Tamén se ve a Manuel Pereira, (Grupo Bilbao; da Estrada), presentando o seu libro “Tatuaxes”, ao que asistín. ESTUDAMOS: Fermoso conto dun certo Tristán sen Isolda. ESCRIBIMOS: Vese a Cunqueiro sentado, verso de Xesús, prosa de Vítor e un bo poema dun castelanfalante e ousado ¡Sam!: A música. ¡Recítaa outra vez, Sam!. Vou concederlle algo da miña autodenominación de orixe: Eu, galeleño, e el, madrilego. FALAMOS: tamén Xesús, e unha panxoliña, (<pange lingua, lat.), da festa da Epifanía, ou de Reis, pequeniña pero preciosa coma unha xoia. De COMEMOS direi pouco, se non, bocado que perdo, porque o caldo, a zorza, o solombo, o peixe sapo, o polbo… falan por si sós. Xa parolaremos na sobremesa, cunha torta de Santiago e unha caña de herbas.
    Breogán vos acompañe co rumor do Mar da Marola e o relume do faro de Camariñas. O galeleño, Xaneiro.
    [Isto foi feito e enviado como correo a 15 ou vinte parentes e máis de 50 colegas e amigos do ensino, a maioría falantes de castelán, pero xa lles dicía que isto é facer lingua e facer país, que fai falta abonda. Se cadra o blogue xa cambiou cando leades isto]. Xaneiro.

  3. Pingback: Madrid: Seminario Interuniversitario Letras Galegas 2013 | ::Axenda cultural AELG::

Os comentarios están pechados.