Feliz Día de Galicia 2015

Feliz Día de Galicia 2015!

2015-07-24 23.07.53 frecha

 

 

Letras Galegas 2014 no Espazo das Linguas Ibéricas – Madrid

O alumnado de galego do Espazo das Linguas Ibéricas estuda a historia do Día das Letras Galegas

e visita a mostra “51 PÁXINAS DAS NOSAS LETRAS” na Casa de Galicia en Madrid.

Esta exposición permanecerá aberta ata finais de maio

 

Na aula aprendemos sobre o homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, Xosé María Díaz Castro, grazas tamén ao “Telexornal Díaz Castro” realizado polo CPI dos Dices de Rois:

 

Escoitamos a voz de Xosé María Díaz Castro:

 

Lemos Nimbos de Xosé María Díaz Castro:

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move  …
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.

 

Herba pequerrechiña
que con medo surrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sin ti,
por que de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sin ti!

 

Vós tamén podedes investigar sobre a súa vida e obra na páxina da Asociación Xermolos

 

Camiñamos Un paso adiante…con Mini e Mero -A Quenlla- , A beleza feriunos para sempre con 2naFronteira , navegamos os mares co Xardín Desordenado,

 

vemos a Lus nos rapaces de Guitiriz:

 

e cantamos con eles:

 

Repasamos…xogando:

 

Escribimos:

A Xosé María Díaz Castro

Se a ves, dille
que non entendemos as despedidas forzosas,
nin o abandono,
nin os camiños cortados.

Se a ves, dille
que andamos ás apalpadas polas calellas escuras,
polas gretas da terra,
que comeron as frangullas os corvos
e xa non nos quedan máis rochas.

Pregúntalle por que,
se nela todo é curvo
e ata a treboada é fermosa,
para sentir Esa Lus
hai que atravesar tantas sombras.

Beatriz Doldán Varela

 

 

A natureza, inspiración da poesía de Díaz Castro, homenaxeado no Día das Letras Galegas

Galicia celebra o seu Día das Letras Galegas o 17 de maio. A iniciativa xurdiu en 1963 —ano no que se cumpriu o centenario da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro— por proposta de varios membros da Real Academia Galega, co obxectivo de conmemorar e promover a lingua e a cultura galegas. […]

Este ano, o autor homenaxeado é o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro, nacido en Guitiriz (Lugo) en 1914 e morto nese mesmo concello en 1990.

Continúa lendo aquí o artigo de Cristina Benito

 

Visitamos a mostra Xosé María Díaz Castro na Casa de Galicia en Madrid:

 

Puxémoslle música ás Letras con Samara Bernárdez -gaita- e Ana Loeda -pandeireta-:

 

O 19 de maio asistimos á presentación e proxección do documental sobre Xosé María Díaz Castro“O instante eterno” de José Antonio Cascudo na Casa de Galicia en Madrid:

 

Seguimos aprendendo: cantando, lendo, mirando…

 

Mai, Nai

Antón Pulido. NAI, 1977.

Óleo sobre cartón, 110 x 110 cm.

Cancións para MAIS E NAIS:

Tombalobos Orquestra no disco “Un mar de cantos” cántalle á nai:

Amor que empeza nun bico,
nun aloumiño,
no aceno,
no abrazo da intimidade
que penetra mil silencios…

Aquí está a canción completa “Amor de nai”

Preme aquí para escoitar Amor de nai.

 

Tamén a Quenlla lle canta á Mai en “30 anos con A Quenlla. De Amor, Dor e Loita” (cd2).

Miña maiciña querida,
…mai, sempre teremos falas,
que mentres os dous falemos
estarás en min gardada,
estarás en min gardada.

Velaquí a canción enteira “Mai”.

 

En Se non podo ir a onde ti estás do disco “Co xenio destrozado” de SÉS, Mª Xosé Silvar cántalle á nai:

“Perdoa non facerche unha rancheira
E cantarche a ti con voz de blues”

Aquí podes ler toda a canción

 

E a nosa Monsa cántanos unha cántiga popular:

Historia da lingua galega

 

Para lembrarmos a historia da nosa lingua:

Romance da Historia da Lingua Galega (1988)

Preme nesta ligazón se queres escoitar o texto de Darío Xohán Cabana cantado por A Quenlla.

 

 

Historia da lingua galega. Do latín ao acento de Burgos de Pepe Carreiro (2010)

 

No proxecto Loia do Consello da Cultura Galega podes tamén facer un percorrido pola Historia da lingua galega