Busco traballo

Busco traballo como:

  • docente
  • tradutora
  • xestora cultural
  • xestora de Medios Sociais

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia suspendeu os cursos de Lingua e Cultura Galegas hai case un ano, sigo agardando unha resposta de dita Institución.

Carme no Camiño

Foto feita por Pedro

Se queres contactar comigo, podes facelo a través deste Medio,
no correo electrónico: carme.lamela.villaravid@gmail.com
ou nas contas de  Facebook , Twitter ou LinkedIn

Graciñas!

Carme Lamela Villaravid

Para lembrarvos!

 

Fomos ao teatro cos Chévere, quedamos Asolagados co cine, cantamos con Bal y Gay e cantámoslle a Díaz Castro, escribímoslle a Nigrán, trouxemos as mulleres ao cine e fixemos poesía con elas, con Rosalía percorremos Madrid un ano máis.
Sabemos que podemos rezar en galego –Deus cho pague, Suso-, e tamén viaxar polas redes sen medo grazas a Diana Soutullo, con Vítor recuperamos palabras e con Chinto a ilusión polos Maios. Ale ilustrou para nós. Percorremos a Casa de Galicia con Roberto Castro e Rosa Figueroa. Levaría a pantasma de Chus o libro de Elena?
Beatriz Doldán, Xan, Carmen Marcos, Juan Luis… fannos botar bágoas para quentar o soto.
Marta e Urbano achegáronnos a Magín Blanco. Rafa Carracedo, Paula Ríos, Samuel Diz agasalláronnos os oídos. Con Montse aprendemos do teatro e con Ana Acuña dos madrigalegos.
Cos zoquiños de Elena Ferro corremos cara á sabedoría de Mariví.
Orquídeas? Un caravel –grazas Juan Luis- para o caso, serve o mesmo, xa llo dicía o mestre a Pardal.
O sorriso de Cris, a gaita de Samara, Ana e a pandeireta, o traxe que algún día vestirá Santiago, as dúbidas de Pepa a contacontos, Teresa e a tableta.
Atoparía Francisco Castro o Corazón da Branca de Neve? Nós atopamos o doce na Taberna Inesiña.

Grazas un ano máis!

Carme Lamela Villaravid
Cursos de galego no Espazo das Linguas Ibéricas
Madrid

Cursos de galego 2012-2013. Informe en imaxes

Os cursos de galego no Espazo das Linguas Ibéricas en Madrid remataban a pasada semana, finalizaba así o ano académico 2012-2013.
Aos poucos iremos facendo os deberes; escribide e seguiremos a publicar.

Agardemos en outubro estar de novo xuntas e xuntos nas clases, e mentres en Madrid e en Galicia, na arañeira e en galego.
Quero seguir aprendendo con vós.

Máis de 60 persoas achegástesvos este ano ás clases de galego. Hai quen quedou polo camiño, quen se incorporou máis tarde. Moitas e moitos máis participastes nos actos que organizamos ao longo do curso. Graciñas a todas e a todos. Os que estamos, somos. Se alguén quedou fóra, que pete e abriremos.

Para vós o meu informe-resumo-avaliación:

Mil grazas e moitos anos máis con vós.

Carme Lamela Villaravid
Cursos de Lingua e Cultura Galegas
Espazo das Linguas Ibéricas
2012-2013
Madrid