Blogaliza utiliza cookies de Google e de WordPress para fornecer servizos e analizar o tráfico. Ao navegar neste sitio estás a aceptar o seu uso.
Máis informaciónAceptar
ProLingua -Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega- non esquece Galego en Madrid, e publica na sección Voces a carta que lle envía a alumna Beatriz Doldán.
“Detrás destas mensaxes erráticas hai máis de noventa persoas matriculadas pero sen clases. Persoas que se achegan ao estudo da lingua galega dende diferentes intereses e motivacións, pero todas elas cun proxecto vital interrompido. Actualmente, movémonos entre a perplexidade e o desalento, entre a incerteza e a carraxe. Incrédulos ante unha política lingüística que nos converte en monicreques […] En Madrid agarda unha aula, alumnado e unha mestra apaixonada polo seu traballo pero falta, de momento, o apoio institucional necesario para poñernos outra vez en marcha.
Na nosa peregrinaxe de retorno á casa resultou que alguén borrou as frechas amarelas e non sabemos se dar a media volta e esquecer Santiago ou seguir alimentando a fe”.
Como unha xograr que reparte patatitas e fai soar a súa frauta de madeira de piñeiro, que non remata en tarima flotante.
Como unha transhumante que non quere ser ovella, polo menos non branca, porque lle gusta demasiado bailar.
Como unha muller que abre armarios onde atesoura voces e jirones de lengua en trapos de cores.
Chegou a poeta a Madrid baixo un arco de abanos.
Nomeou Barquisimeto e deu comenzo unha travesía colectiva de verso libre. Vacas sen nome e cabalos que agardan ser resucitados saíron ao paso.
Patatitas.
Poemas para dar, ela, para recibir, nós, e saborosas fajitas envolvendo carne de ghaliña.
Luz Pichel no centro dun Madrid vello, “Enclave de libros” porto de amarre e xente errante despedindo navío e corpo transparente.
Os pés espidos danzan sobre o cemento e as nubes levan hipopótamos ao lombo partidos coa risa.
E maio é Comunidade, San Isidro, Festa de Móstoles, Marisco de Alcobendas, de Tres Cantos…
E maio é o mes das flores, aí está o Botánico Real coa súa verza galega.
E tamén o Matadero coa Feira Botánica.
E maio é o mes das Letras, non nos esquezamos. No Ateneo celébranas o 14, á EOI tócalle o 20, no Centro de Estudos Galegos da UCM xa as festexaron. Na Casa de Galicia unha mostra do homenaxeado este ano, Xosé Filgueira Valverde, preside a entrada.
E nós? Irémonos felicitando, un 17, un 29, un maio longo, un maio máis.
Roseira madrileña
Maio longo…, maio longo, todo cuberto de rosas: para algús telas de morte; para outros, telas de vodas. Maio longo, maio longo, fuches curto para min: veu contigo a miña dicha, volveu contigo a fuxir.
Rosalía de Castro, Follas Novas (Vigo: Galaxia)
A señora Carmen –Malvela– cantaba así o “Maio longo” no programa Alalá da TVG: