Prolingua non esquece Galego en Madrid

ProLingua -Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega- non esquece Galego en Madrid, e publica na sección Voces a carta que lle envía a alumna Beatriz Doldán.

“Detrás destas mensaxes erráticas hai máis de noventa persoas matriculadas pero sen clases. Persoas que se achegan ao estudo da lingua galega dende diferentes intereses e motivacións, pero todas elas cun proxecto vital interrompido. Actualmente, movémonos entre a perplexidade e o desalento, entre a incerteza e a carraxe. Incrédulos ante unha política lingüística que nos converte en monicreques […] En Madrid agarda unha aula, alumnado e unha mestra apaixonada polo seu traballo pero falta, de momento, o apoio institucional necesario para poñernos outra vez en marcha.
Na nosa peregrinaxe de retorno á casa resultou que alguén borrou as frechas amarelas e non sabemos se dar a media volta e esquecer Santiago ou seguir alimentando a fe”.

Logo Plataforma ProlinguaPreme nesta ligazón para ler o texto completo: Unha cuestión de respecto.

 

Resposta da SXPL a ProLingua sobre a suspensión dos cursos de galego en Madrid

O pasado 5 de xaneiro ProLingua -Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega- dirixiuse á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia despois de saber que case cen persoas matriculadas nos catro cursos de galego do Espazo das Linguas Ibéricas-Casa de Galicia en Madrid  non poderían comezar as clases en xaneiro, como estaban programadas, “por razóns organizativas e xurídicas”, tal como comunicou a SXPLLogo Plataforma ProlinguaProLingua “solicitaba no seu escrito información sobre as intencións da SXPL en relación con estas actividades e pedía que canto antes se reconsiderase a súa suspensión, xa que isto supoñía deixar abandonado un bo quiñón de persoas que optaron por dedicar parte do seu tempo a aprenderen o noso idioma; ademais, implicaba prescindir dun importante foco irradiador da lingua e da cultura galegas na capital do Estado”.

Velaquí o comunicado de ProLingua:
Suspensión dos cursos de lingua galega no Espazo das Linguas Ibéricas en Madrid

Foto 13-01-2015b

 

Hoxe, 21 de xaneiro de 2015, ProLingua publica que recibiu unha carta asinada por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, na que este afirmaba que “en ningún caso se trata dunha suspensión da formación […] senón que estamos ante un aprazamento que ten que ver con cuestións relacionadas cunha nova planificación e deseño da impartición destes cursos, que agardamos poder ofertar á maior brevidade posible”.

Así o anuncia ProLingua na súa páxina:
A Xunta de Galicia agarda ofertar en breve os cursos de galego en Madrid

ProLingua desexa “que se solucione canto antes este problema e que a SXPL da Xunta de Galicia cumpra a súa palabra e restaure os cursos do Espazo das Linguas Ibéricas, tan demandados, e que deixaron case un cento de persoas á espera de recibir clases de lingua galega en Madrid”.

Prolingua sobre a suspensión dos cursos de galego no Espazo das Linguas Ibéricas

Prolingua solicitálle á Xunta de Galicia que reconsidere a súa decisión de suspender os cursos de galego no Espazo de Linguas Ibéricas en Madrid.Logo Plataforma Prolingua

“Non se entende cales son as poderosas razóns “organizativas e xurídicas” que levaron a SXPL a suspender ou aprazar uns cursos que, amais dunha aula de lingua, resultan unha auténtica embaixada da cultura de noso- tal e como se desprende tanto de declaracións oficiais coma do testemuño do alumnado- nun lugar cun valor simbólico tan importante como é a capital do Estado.”

Preme na seguinte ligazón para ler o artigo de Prolingua:

Prolingua maniféstase sobre a suspensión dos cursos de galego no Espazo das Linguas Ibéricas en Madrid

Captura Logos 2013